Monforte na Onda 15/02/2016
15/02/2016 16:54
Ata 1.400 metros cúbicos de auga por segundo chegou a aliviar algún dos encoros desta zona sur de Lugo esta fin de semana. Falamos deste asunto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño- Sil Francisco Marin. Iremos ata o Concello de Ribas de Sil para que o acalde, Miguel Sotuela, nos conte a última hora das inundacións que hai en San Clodio. Falamos co secretario comarcal da UGT, Mario Docasar, da recollida de firmas que hoxe e maña leva a cabo no Concello de Monforte de Lemos para apoiar unha ILP por unha renta mínima para desempregados. Repasamos iniciativas que relacionadas cos accesos ao Porto Seco presenta no Parlamento o Deputado Vicente Docasar. Facemos balance co alcalde José Luis Álvarez, da festa de entroido celebrada o sábado no Concello de Pantón. E o presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, preguntamos sobre a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.