onda cero monforte

Monforte na Onda 08/08/2018

08/08/2018 06:00

Monforte na Onda 08/08/2018

Facemos balance da carreira de burros de Escairón. Falamos das Festas de Quiroga entre outras que se celebran na zona e de actividades que preparan en Pantón para esta mesma noite e cara os próximos días. Conversamos co presidente da Asociación de Avicultores Artesanais da Ribeira Sacra e falamos tamén dos problemas que xenera nesta área sanitaria quedar sen concerto para servizo de logopeda.

Monforte na Onda 03/05/2017

03/05/2017 06:00

Monforte na Onda 03/05/2017

Abrimos o programa falando do Club Korbis con Jaime Vázquez membro do equipo directivo. Adicamos o espazo "Facendo empresa" a unha ferretería que leva aberta en Monforte dende 1870. Repasamos como foi o Correlíngua que xuntou en Monforte a preto de 500 estudantes da zona sur de Lugo e Valdeorras. E coa voceira de Esperta Monforte repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno. Son, entre outros, temas que ocupan o programa de hoxe.

Monforte na Onda 20/09/2016

20/09/2016 14:27

Monforte na Onda 20/09/2016

Mesa informativa na rúa Cardeal da Asociación Afamón, para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer. Abrimos programa falando desto con Manuel Carballedo. Facemos balance da temporada de paseos en barca polo río Cabe con José Luis Saco, do Clube Quixós e, entre outros asuntos, a entrevista electoral do día, coa candidata nº 3 da lista do PP por Lugo, Raquel Arias Rodríguez.

Monforte na Onda 09/09/2016

09/09/2016 17:54

Monforte na Onda 09/09/2016

Chega a Monforte unha exposición itinerante sobre as vantaxes da biomasa como fonte de enerxía. Falamos desto con Javier Díaz, presidente da Asociación Española de Valoración Energética de la Biomasa. O Club Aero Lemos será o anfitrión do encontro que este sábado organizou no Concello de Monforte a Asociación de Aviación Experimental no aeródromo de As Lamas, entrevistamos ao presidente do Clube Monfortino, José Antonio Guitián. E t amén elexiu Monforte e a Ribeira Sacra a Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago para celebrar xuntanza. Danse cita en Monforte representantes das Academias do País Vasco, Cantabria, La Rioja, Extremadura, Castela León e Galicia. Conversamos co secretario da Federación, Francisco García Bobadilla e na recta final escoitamos as declaracións coas que na zona sur arrancaba a campaña electoral na "pegada de carteis".

Monforte na Onda 08/09/2016

08/09/2016 14:30

Monforte na Onda 08/09/2016

No programa de hoxe falamos con Mari Fé Ramírez da xornada de limpeza no río Sil que programou para este domingo SilTrip. Coa tenente alcalde do Concello de Monforte de Lemos Gloria Prada e con Roberto Mansilla do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade falamos do acto que teñen programado para as 20:00 h na casa da cultura "Poeta Lois Pereiro". E no Concello O Saviñao, mentres a asociación veciñal segue rexeitando a ubicación elixida para a construción do novo Centro de Saúde, o rexedor local asegura que non hai outra posibilidade. Escoitamos as partes implicadas. Na recta final do programa o rexedor monfortino explicará os asuntos abordados hoxe na reunión que mantivo co Xefe da Demarcación de Estradas do Estado.

Monforte na Onda 16/08/2016

17/08/2016 21:14

Monforte na Onda 16/08/2016

No programa de hoxe repasamos co presidente do CRDORS e co alcalde de Sober os danos que a forte treboada de onte ocasionou nos viñedos de Doade e coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra compartiremos acto de recoñecemento oficial do Camiño de Inverno como ruta de peregrinación a Santiago. E aproveitando que remata o campo de traballo que se desenvolveu en Pantón, falamos co director do mesmo.

Monforte na Onda 29/07/2016

30/07/2016 19:42

Monforte na Onda 29/07/2016

Entrevistamos á delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima que entre outras cousas teñen que ver con novas iniciativas do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra para o sector da hostalería.

Monforte na Onda 28/07/2016

30/07/2016 19:24

Monforte na Onda 28/07/2016

30/07/2016 19:24

Monforte na Onda 28/07/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando coa cantante Lucía Pérez que prepara o primeiro concerto das Festas de Monforte para o día 11 de agosto. Entrevistamos a Xosé Lois Foxo, organizador do Filandón de Músicas do Courel, festival que se celebrará o 7 de agosto e cumpre 19 anos de vida e tamén falamos coa voceira de Agroma Sober, Paula Vázquez, de iniciativas que presentarán para debatir en pleno.

Monforte na Onda 27/07/2016

30/07/2016 18:49

Monforte na Onda 27/07/2016

Entre outros asuntos, no programa de hoxe, repasamos o pleno celebrado en Monforte conversando co rexedor local. Ocupámonos tamén da actualidade pantonesa conversando co alcalde do citado concello e falamos coa pintora que está expoñendo no Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao, Ester Cuesta.

Monforte na Onda 26/07/2016

30/07/2016 18:33

Monforte na Onda 26/07/2016

Para o programa de hoxe falamos da consulta oncolóxica que se pon en marcha no hospital de Monforte, a primeira destas características para un hospital comarcal, co xefe do servizo o doutor Sánchez. Outro médico, o doutor Loureiro, responsable do servizo de dermatoloxía, cóntanos como coidar a pel no verán. Entrevistamos ao alcalde de O Saviñao onde tratan de recuperar o servizo de abastecemento de auga que tivo problemas nos últimos días e falamos tamén do programa de festas de Escairón. E entre outras cousas repasamos proxectos para a "Cova das Choias" co alcalde de A Pobra do Brollón.