onda cero monforte

Monforte na Onda 09/05/2016

09/05/2016 18:27

Monforte na Onda 09/05/2016

Hoxe entrégase o premio "Monforte ao Ferrocarril" falamos co galardoado Miguel Rodríguez Bugarín e con Fermín Avellaneda, presidente da Asociación que convoca o premio, Amafer. Entrevistamos á coordinadora do "Correlingua", Andrea Martins, para coñecer algo máis dos obxetivos desta inicitiva que xunta en Monforte este luns a medio millar de estudantes de diversos colexios da zona sur de Lugo e mesmo de Valdeorras. E tamén conversamos coa adestradora do equipo infantil feminino de Voleibol Ribeira Sacra, Verónica Contreras e dúas das xogadoras, María Rodríguez e Nerea González, integrantes do equipo gañador do Campionato Galego.

Monforte na Onda 04/05/2016

07/05/2016 17:08

Monforte na Onda 04/05/2016

Abrimos o programa de hoxe entrevistando á voceira de Esperta Monforte Maribel García. A xefa de rehabilitación do Hospital Comarcal, Alicia Cadarso, repasa novos servizos que preparan neste centro hospitalario. Conversamos con membros da nova directiva da Asociación de Veciños de As Lamas e no espazo "Facendo Empresa" coñecemos hoxe algo máis de "Edulis", entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 06/05/2016

06/05/2016 16:11

Monforte na Onda 06/05/2016

Repasamos as noticias do día, a axenda da fin de semana, e entrevistamos a David Vázquez, director do documental sobre o Entroido Ribeirao que se presenta este venres en Chantada, e a integrantes do grupo de teatro Tik Tak que hoxe andan de actuación por Monforte.

Monforte na Onda 05/05/2016

05/05/2016 16:12

Monforte na Onda 05/05/2016

Abrimos falando da festa dos maios, que hoxe se celebra en Monforte, coa directora do colexio Ferroviario para que nos conte que preparan no citado centro. Entrevistamos ao modelo Adriano López, candidato a Míster Imperial Universo e que mañá se somete a unha sesión de "bodypainting". Conversamos co alcalde de Quiroga sobre a Mostra do Aceite que preparan para o domingo. Repasamos calendario de actividades da Asociación O Colado do Vento e entre outras cousas estamos pendentes do convenio que hoxe firma o Alcalde de Monforte coa Conselleira de Infraestructuras para sanear o Porto Seco.

Monforte na Onda 03/05/2016

03/05/2016 18:41

Monforte na Onda 03/05/2016

O deputado socialista Vicente Docasar repasa varias iniciativas que presenta no Parlamento Galego. A voceira do BNG en Monforte,Pilar López, explica por qué considera negativo para os intereses do concello o informe sobre Aqualia. O alcalde de Sober repasa actuacións que se executan en espazos públicos con cargo o ARI e a concelleira de cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, repasa actividades que programan neste mes de maio para homenaxear a Manuel María. Son, entre outros, temas da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 02/05/2016

02/05/2016 14:31

Monforte na Onda 02/05/2016

Repasamos actualidade máis próxima e no programa de hoxe entrevistamos á voceira do PP Julia Rodriguez, ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e ao concelleiro Roberto Eireos, e ao representante para a zona sur de Lugo da Mesa pola Normalización Linguística de Galicia, Xosé Manuel Fernández.

Monforte na Onda 29/04/2016

29/04/2016 16:44

Monforte na Onda 29/04/2016

Entre a actualidade do día que repasamos no programa de hoxe está o informe sobre a concesionaria do servizo de auga de Monforte que repasamos co rexedor local, José Tomé Roca. Escoitamos tamén as valoracións dos voceiros dos grupos da oposición. Cun representante do sindicato UUAA, Mariano Lòpez Nieves, repasamos axudas da PAC pendentes de facerse efectivas en explotacións agrarias do sur de Lugo.

Monforte na Onda 28/04/2016

28/04/2016 14:38

Monforte na Onda 28/04/2016

28/04/2016 14:38

Monforte na Onda 28/04/2016

Abrimos programa local entrevistando alumnos do IES Río Cabe gañadores do Reto Alcoa e o mestre que os dirixiu. Co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, falamos da campaña de promoción do comercio local que teñen en marcha en Monforte. Ricardo Rodicio, concelleiro de cultura de A Pobra do Brollón repasa a última hora da XXV edición da Feira do Viño de Vilachá de Salvadur. Dende o Centro do Viño da Ribeira Sacra Humberto Loureiro fálanos do Túnel do Viño que preparan para este sábado. E entrevistamos tamén ao presidente do Clube Castelo Bike que nos fala da II edición da Ruta BTT que están a organizar para o día 22 de maio.

Monforte na Onda 27/04/2016

27/04/2016 14:32

Monforte na Onda 27/04/2016

Estamos de aniversario así que no programa de hoxe abrimos teléfonos para agasallar aos oíntes cun recetario. E seguimos recollendo valoracións sobre a oficialidade do Camino de Invierno, Aida Menéndez fala do día histórico vivido onte. Entrevistamos ao voceiro do PSOE de A Pobra do Brollón, Javier González, e entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa" falamos de "El Jardin de las delicias" un novo establecemento que abriu onte as súas portas no nº1 da rúa Carude.

Monforte na Onda 26/04/2016

26/04/2016 19:30

Monforte na Onda 26/04/2016

Repasamos a actualidade máis próxima en tempo de noticias e ademáis falamos do pleno celebrado onte en Monforte co alcalde, José Tomé Roca. Entrevistamos ao urólogo Alejandro Sousa, que recibe un novo premio de investigación e co ugetista Mario Docasar, entre outros asuntos, repasamos os actos que preparan para celebrar o 1º de maio.