onda cero monforte

Monforte na Onda 11/04/2016

11/04/2016 15:56

Monforte na Onda 11/04/2016

Falamos do crecemento experimentado pola producción ecolóxica en Galicia coa Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Co delegado de Patrimonio de Bens Inmobles da Diocese de Lugo, Miguel Gómez, repasamos actuacións que se van realizar no Conxunto Monumental de Diomondi. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos actualidade do concello Soberino e entre outros asuntos de actualidade, o Deputado Socialista Vicente Docasar, explícanos por qué pide no Parlamento Galego que se paralize a implantación da Lomce.

Monforte na Onda 08/04/2016

08/04/2016 14:19

Monforte na Onda 08/04/2016

Edulis, Manuel Bistró, Restaurante O Grelo e Parador de Monforte de Lemos participan do recetario editado por Onda Cero Galicia, "Nuestras recomendaciones gastronómicas". Hoxe metémonos nas cociñas destes establecementos para falar cos profesionais que traballan nelas. Tamén falaremos con que foi xerente do GDR Ribeira Sacra, Martin Alemparte, porque empezan a dar pasos para crear un novo grupo de desenvolvemento local o que se suman os concellos de Caurel, O Incio, Samos,Triacastela e As Nogais. Son entre outros, asuntos que repasamos este venres.

Monforte na Onda 07/04/2016

07/04/2016 15:52

Monforte na Onda 07/04/2016

No programa de hoxe entrevistamos á Delegada da Xunta, Raquel Arias, que clausura en O Saviñao obradoiro de emprego compartido entre O Saviñao, Sober e Pantón. O presidente do CRDORS, José Manuel Rodriguez, recentemente chegado de Milán e Canarias, onde participou de actos promocionais para os viños desta denominación. E entre outros asuntos, coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos acordos do último pleno celebrado polos membros desta entidade.

Monforte na Onda 06/04/2016

06/04/2016 14:48

Monforte na Onda 06/04/2016

Falamos co alcalde de Monforte sobre o Plan Especial de Protección do Casco Histórico. Contámoslle que en Pantón tamén se retoma a elaboración do PXOM. Un técnico de Reacciona 2020 explica o obxetivo desta iniciativa. Falamos da actividade formativa que promove Evega no Centro do Viño e repasamos historia da fábrica de calzados Curtidos Galaicos con José Ángel Pérez Reñones. Son, entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que ocuparán hoxe o noso tempo de radio local.

Monforte na Onda 05/04/2016

05/04/2016 18:18

Monforte na Onda 05/04/2016

Este martes, entre outros asuntos de actualidade, entrevistamos a Saleta Goy, viúva do poeta Manuel María. Repasamos datos do paro con Mario Docasar de UGT e con Luisa Astray, educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias, falamos do acto que teñen preparado esta tarde no Concello de Pantón.

Monforte na Onda 04/04/2016

04/04/2016 15:14

Monforte na Onda 04/04/2016

04/04/2016 15:14

Monforte na Onda 04/04/2016

A tráxica morte dun neno de 8 anos lévanos hoxe ata Sober. Falamos do suceso co alcalde soberino Luis Fernández Guitián e con Oscar Blanco, director do Colexio dos Escolapios onde estudaba o cativo. Entrevistamos ao inspector xefe da Comisaria de Policía de Monforte, Juan Mariñas. Repasamos como queda a nova directiva do CCU, que segue mantendo como presidenta a María José Senrra, coa propia María José, e co xerente Angel Folgueira, e entre outros asuntos, buscamos balance da VIII edición da Carreira Popular de Monforte co técnico de deportes Óscar Rodriguez.

Monforte na Onda 01/04/2016

01/04/2016 15:11

Monforte na Onda 01/04/2016

Analizamos no programa de hoxe a situación na que se atopa o servizo de uroloxía do Hospital Comarcal de Monforte co único urólogo que hai nestes intres, o doutor Alejandro Sousa Escandón e tras pasar onte polos xulgados, hoxe entrevistamos a Carlos Somoza, xerente da empresa Alcor Seguridade que segue sendo investigado e imputado por varios delitos. Repasamos no programa de hoxe estes e outros asuntos da actualidade más próxima.