Concello de Ourense
04/03/2022 08:25
O itinerario integrará 5,2 km de sendas, comezará na intermodal e desenvolverase pola avenida das Caldas, a Ponte Romana, o Paseo do Barbaña, o CHUO, Expourense e o Pazo dos Deportes Paco Paz
As actuacións, que configuran un eixo norte-sur ao longo do río Barbaña, proseguirán desde Ponte Sevilla ata Seixalbo e Bemposta a través da OU-105
A intervención enmárcase nos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos Next Generation para fomentar a mobilidade sostible nas cidades galegas