Pensionistas
28/01/2022 08:08
A revalorización das pensións beneficiará a máis de 106.000 pensionistas da provincia
Os socialistas destacan que o Goberno cumpre con Ourense ao aprobar unha lei para “garantir que as pensións suban de forma automática co IPC” e afirman que “revalorizaranse un 2,5% en 2022”.
Abellás, Tizón e Bautista apuntan “aos dous modelos para abordar unha crise”, afirmando que “fronte os que quixeron acabar co sistema público de pensións (PP), o PSOE opta por acordar e garantir un sistema de pensións xusto e sostible”.