perez jácome

Más de uno ourense

17/10/2022 14:01

Noticias Mediodía Ourense 17/10/2022

No decimoterceiro día de folga indefinida do sector do siderometal reuníronse de novo sindicatos e patronal. Foi a nova de portada do informativo de Más de Uno Ourense no que tamén desvelamos o programa municipal do Samaín 2022.

Más de uno ourense

12/09/2022 13:41

A actualidade local e nacional na tertulia de "Locos por incordiar"

Os funerais da Raíña Isabel II ou as declaracións do candidato do PP á Alcaldía da cidade, Manuel Cabezas, entre os asuntos elexidos hoxe para a tertulia que compartimos con Miguel Fidalgo, Abel Fraga e Lois Pardo, moderados por Paco Sarria.

Más de uno ourense

27/07/2022 14:32

Noticias Mediodía Ourense 27/07/2022

A vicevoceira do PP no Concello de Ourense, Ana Morenza afirmou no informativo de Más de Uno Ourense que para o partido popular xa "non é o momento dunha moción de censura" contra o alcalde, Gonzalo Jácome trala ruptura do cogoberno. Mentres no Psoe insistían en abrir "diálogo" cos populares co respaldo dos demáis grupos da oposición.

Más de uno ourense

27/07/2022 14:27

Luis Seara valorou en Más de Uno Ourense a ruptura de goberno

O voceiro do BNG no Concello de Ourense e candidato nacionalista ás municipais de 2023, Luis Seara valorou en Más de Uno Ourense a ruptura de goberno entre democracia ourensana e sinalou que agarda que a cidadanía "tome nota" do comportamento dambos partidos para abrir novos tempos para Ourense.

Más de uno ourense

27/07/2022 14:22

Tertulia de actualidade local e nacional dende o punto de vista femenino

A segunda ruptura do cogoberno entre Democracia Ourensana e Partido Popular no Concello de Ourense foi o tema de conversa da tertulia feminina de Más de Uno Ourense con Ximena González e Antía Pousa. Ambas creen que o intento de facer unha moción de censura xa pode ser extemporáneo.

Más de uno ourense

22/07/2022 14:34

Más de uno ourense

22/07/2022 14:34

Gonzalo Jácome falou en Más de Uno Ourense do programa de Festas do barrio de A Ponte

O alcalde de Ourense e responsable de Artes e Festexos, Gonzalo Jácome falou en Más de Uno Ourense do programa de Festas do barrio de A Ponte que este ano organiza o concello. Jácome respondeu ademais a outros asuntos de actualidade coma a seca, a posible ruptura do bipartito e as últimas polémicas do COB.

Más de uno ourense

21/07/2022 14:20

Natalia González acusou ao alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome de non ter un proxecto de cidade

A edil do Psoe no Concello de Ourense, Natalia González acusou ao alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome de non ter un proxecto de cidade e considera que Psoe e PP terán que "dialogar" se hai unha ruptura de goberno para rematar con "oito anos de degradación". González fixo estas declaracións nunha entrevista de actualidade política en Más de Uno Ourense.

Más de uno ourense

20/07/2022 13:51

Tertulia en Femenino cos temas de actualidade

Na "tertulia feminina" de Más de Uno Ourense analizamos a problemática dos lumes forestais con Ximena González e Antía Pousa. Ademáis escoitamos as reflexións das nosas contertulias sobre o último episodio municipal no que o alcalde de Ourense Gonzalo Jácome vaticinou unha ruptura inminente do goberno bipartito tralo regreso coma precandidato do ex alcalde Manuel Cabezas.