poio

PROGRAMA COMPLETO

01/02/2023 14:38

Más de Uno Pontevedra 01/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada, buscando a información do tempo e citándonos coa avogada fiscalista María Cobián para coñecer as novidades deste 2023. Abrimos tempo de entrevista co candidato do PSdG á alcaldía de Poio, Gregorio Agís. Ademais, completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

Noticias de Pontevedra con Juan de Sola

El gobierno local de Pontevedra confirmó la decisión de contratar a un detective privado, en 2012, para llevar a cabo labores de seguimiento de un trabajador de los servicios municipales con una prolongada baja laboral. Además, cerraremos este año 2023 con el renacimiento de la actividad en la Casa Consistorial. Según las previsiones del gobierno, tras el verano, este equipamiento municipal podría estar operativo. Por otro lado, paro biológico en el sector del libre marisqueo de la Ría de Arousa, desde este miércoles y hasta mayo. Profesionales relacionados con este sector podrán acogerse a partir de hoy a la paralización temporal subvencionada por la conselleria do Mar de la Xunta.

Máis de Un Pontevedra

17/01/2023 14:38

Poio leva a Illa de Tambo e a Casa Museo de Colón a FITUR

Falamos coa tenente de alcalde e responsable de Turismo de Poio, Silvia Díaz, para coñecer a participación de Poio no que é un dos grandes eventos de referencia no sector a nivel internacional. Díaz cóntanos que Poio estará novamente presente formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España, da que forma parte Combarro desde 2019. Ademais, dentro do material promocional que Poio ofrecerá en FITUR destaca a difusión dos espazos naturais de Poio e como novidades os folletos informativos da Illa de Tambo e da Casa Museo de Colón.

Máis de Un Pontevedra

12/12/2022 14:13

"Ecoinnova Poio": un programa de asesoramento para mellorar o aforro enerxético entre a cidadanía

Convidamos ao concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís, para coñecer o programa Ecoinnova Poio, unha iniciativa pioneira no concello que ten coma obxectivo mellorar e optimizar o aforro enerxético, incidindo na innovación sostible. Tamén nos acompañan Mariem Filgueira, de Sherpa Empresarial, encargada de desenvolver este programa, e o asesor enerxético Diego Padín. Anotamos en axenda as dúas sesións grupais que se celebrarán os días 14 e 20 de decembro ás 20.00 horas, no Casal de Ferreirós e no Centro de Formación da Reiboa. Máis información na web www.ecoinnovapoio.gal.