Concello de Ourense
30/11/2021 10:03
Desde a Concellería de Igualdade, e a través do CIMM, póñense a disposición do persoal docente e das nais e pais sendas guías didácticas para erradicar as violencias machistas e a prevención do acoso e agresións sexuais entre adolescentes, facendo fincapé no papel da pornografía na desigualdade
A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, convida as familias e os centros educativos a que “se impliquen tomando estas guías didácticas como ferramentas para estender o espírito do 25N durante todos os días do ano, pois sen dúbida ese é o obxectivo primordial que buscamos desde o Concello de Ourense”