Presenta as súas credenciais para as primarias do PSdG-PSOE
07/06/2022 20:13
González Formoso: «Que non teñan ningunha dúbida de que me vou candidatar para ser o próximo presidente da Xunta»
O secretario xeral do PSdG-PSOE, Valentín González Formoso, na Brújula de Galicia de Onda Cero Galicia. «Hai unha tradición no partido de que o secretario xeral sexa o candidato; e eu estou convencido de que o serei, co respeto máis absoluto á decisión da militancia», afirma. No seu futuro inmediato reflexionará coa agrupación local das Pontes se repite como candidato á reelección as próximas municipais.
Con Valentín González Formoso repasamos parte da actualidade, incluida a entrevista que mantivo nas últimas horas co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Reitera que Galicia tén que afrontar unha reforma estatutaria xa que «o mundo non é o mesmo» ca última vez que se tentou, hai máis dunha década. Acusa á Xunta de «vender fume» en proxectos como o de Altri, que non tén garantido o seu financiamento, asevera. E xustifica que este ano o PSdG non participase na manifestación eólica xa que «somos unha formación política de Goberno» e que actúa «en base á realidade e non en base ao que a xente quere oír», en alusión ao posicionamento do BNG neste tema.