Onda Cero Pontevedra
26/03/2020 14:43
A actualidade local deste xoves continúa marcada pola crise do coronavirus e comezamos coñecendo a última hora. Conversamos co director da Banda de Música de Silleda, Rafael Agulló, mentres escoitamos a versión de "Resistiré" que acaban de gravar a distancia máis de corenta músicos. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e conversamos coa AECC de Pontevedra para coñecer como reorganizaron o seu traballo para seguir atendendo aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias. Completamos o programa visitando o centro de maiores Saraiva Senior para interesarnos polo estado dos 36 residentes e de todos os profesionais que os coidan cada día.