Radio Local en Pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

23/04/2025 14:10

Más de Uno Pontevedra 23/04/2025

Abrimos o programa deste mércores coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica e visitamos o Concello do Grove co seu alcalde, Jº Antonio Cacabelos, e a xerente de Emgrobes, María Gómez. Ademais, completamos o programa en compañía de Saleta Castro desde Pontenciencia.

PROGRAMA COMPLETO

21/04/2025 14:52

Más de Uno Pontevedra 21/04/2025

Versión reducida do programa coa actualidade marcada polo falecemento do Papa Francisco, noticia de alcance mundial. En clave local, centrámonos no ascenso do Pontevedra CF a Primeira RFEF e no pleno da corporación municipal. Como cada luns, recibimos a visita da nosa sumiller Susana Barros coas súas historias de viño e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego".

Programa completo

16/04/2025 14:07

Más de Uno Pontevedra 16/04/2025

Abrimos o programa deste mércores coa actualidade do día e conversando co presidente de Entretendas CCU Sanxenxo, Julio Presas. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e poñémonos en ruta co novo programa da AECC para combater o sedentarismo. Ademais, completamos o programa coa visita do colectivo +60 “De Vella a Bella”.

Programa completo

15/04/2025 14:24

Más de Uno Pontevedra 15/04/2025

Abrimos o programa deste martes coa actualidade do día e conversando coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e visitamos o Concello da Estrada para coñecer os detalles dunha nova edición de "Santas Tapas" coa asociación Hostaleiros da Estrada. Ademais, sumámonos á Pontevedrada 2025 con Fran Pérez e, como cada martes, falamos de libros con Mercedes Corbilón desde a Librería Cronopios.

Programa completo

14/04/2025 14:28

Programa completo

14/04/2025 14:28

Más de Uno Pontevedra 14/04/2025

Abrimos o programa coa actualidade deste luns de Semana Santa e conversando coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada luns, recibimos a visita da nosa sumiller Susana Barros coas súas historias de viño. Ademais, falamos de motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego".