Radio Local en Pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

26/12/2022 14:29

Más de Uno Pontevedra 26/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada polo accidente mortal do autobús en Cerdedo-Cotobade. Buscamos a previsión do tempo e visitamos a Ruta do Viño Rías Baixas. Convidamos á comunidade educativa do IES Sánchez Cantón para celebrar o premio que o Ministerio de Educación concedeu ao seu Club de Lectura e, ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

23/12/2022 14:08

Más de Uno Pontevedra 23/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e visitando o Mercado de Abastos de Pontevedra. Conversamos co cociñeiro Javier Olleros para aprender a cociñar a Vieira de Cambados e buscamos a previsión metereolóxica para esta fin de semana de Nadal. Ademais, como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro e marcamos axenda cultural, de ocio e festiva.

Noticias de Pontevedra y comarca (13.45h), con Juan de Sola.

Prisión para 6 dos 16 detidos na operación 'Sugar brown' contra o narcotráfico en Galicia. A maiores, este mes de decembro experimenta un incremento dos furtivos. A Policía Autonómica decomisou más de 63 kilos de centola no porto de Aguete, en Marín. E na antesal da cena de noite boa e nadal coñecemos o ambiente e prezos no Mercado de Abastos de Pontevedra.

Máis de Un Pontevedra

22/12/2022 15:12

Viños espumosos, tintos e elaboracións especias da DO Rías Baixas para este Nadal

Buscamos viños especiais para este Nadal visitando diferentes adegas da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Coñecemos as características dos espumosos, dos tintos e das elaboracións especiais con César Méndez desde Terras de Lantaño, Manuel Méndez desde Bodegas Gerardo Méndez e Manyo Moreira de Mar de Envero. Ademais, tomamos nota dos mellores consellos para conservar os viños Rías Baixas, para facer boas maridaxes e servilos á temperatura óptima.

Onda Cero Pontevedra

22/12/2022 14:47

Más de Uno Pontevedra 22/12/2022

Abrimos o programa despois do sorteo da Lotería de Nadal repasando os premios repartidos nas nosas comarcas. Falamos de viticultura coas adegas do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Ademais, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e completamos o programa tomando a última antes de marchar coa poeta e editora estradense Antía Otero.

Onda Cero Pontevedra

21/12/2022 14:12

Más de Uno Pontevedra 21/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a información do tempo. Visitamos o Concello de Barro para coñecer a programación de Nadal que inauguran este xoves no Pazo da Crega. Ademais, completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Á espera de que pasen a disposición xudicial os 13 detidos nunha nova operación contra o narcotráfico. Está previsto que se produza este xoves. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para os tres detidos en Tenerife que transportaban 3.300 quilos de cocaína a Galicia. En total, a operación da garda civil se salda con 16 arrestos por delito contra a saude pública.

Xa están na casa os catro jovenes estradenses que se viron atrapados na revoltas de Perú. E no pleno provincial aprobouse a cesión do Convento de Santa Clara do concello de Pontevedra á Deputación Provincial.

Onda Cero Pontevedra

20/12/2022 14:40

Más de Uno Pontevedra 20/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é ò concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís. Completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Nova operación contra o narcotráfico. A Garda Civil leva a cabo, desde primeira hora a mañá de hoxe martes, preto dunha decena de rexistros nas provincias de Pontevedra e de Ourense no marco dunha operación contra unha rede organizado de tráfico de droga. Mentres, en Vilagarcia e na comarca do Salnés toca facer balance de danos do último temporal de auga e vento. E, en Pontevedra, o concello acaba de renovar a ordenanza do taxi para poder avanzar no proxecto de 'Coche de Punto', un servizo de transporte a demanda que estará en servizo en 2023.

Eventos gastronómicos y culturales

25/11/2022 16:30

Primera edición de “Soutono” en Soutomaior

Noelia Ocampo, concejala de Cultura, invita a disfrutar de una cita, en el último fin de semana de noviembre, de una feria gastronómica de productos locales, con degustaciones y showcokings, entre otras actividades.