Máis de Un Pontevedra
22/12/2022 15:12
Viños espumosos, tintos e elaboracións especias da DO Rías Baixas para este Nadal
Buscamos viños especiais para este Nadal visitando diferentes adegas da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Coñecemos as características dos espumosos, dos tintos e das elaboracións especiais con César Méndez desde Terras de Lantaño, Manuel Méndez desde Bodegas Gerardo Méndez e Manyo Moreira de Mar de Envero. Ademais, tomamos nota dos mellores consellos para conservar os viños Rías Baixas, para facer boas maridaxes e servilos á temperatura óptima.