Radio Local en Pontevedra

Programa Completo

15/09/2023 16:13

Más de Uno Pontevedra 15/09/2023

Revisión a actualidade. Coñecemos a previsión do tempo cara o fin de semana. Analizamos todo o dispositivo de seguridade e tráfico coa policía local de Pontevedra da celebración das series mundiales de triatlón. Tamen, celebramos a selección dun corto producido por Marta Blanco, xerente de Galaurea Pontevedra, no Festival de Curtas de Vilagarcia. E, na nosa axenda de ocio e cultura, conversamos co alcalde de Poio, Ángel Moldes, para repasar todo o programa da Festa da Ameixa.

Programa completo

14/09/2023 15:05

Más de Uno Pontevedra 14/09/2023

Damos unha ollada a actualidade local e comarcal de Pontevedra. Conversamos coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, sobre a situación de pre alerta por seca, o novo emisario ou hospital Montecelo. Coñecemos o estado da vedimia nunha adega como Martín Codax. Buscamos voces expertas sobre as especies invasoras nas Rías Baixas e escoitamos a Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra Galicia. E no peche revisamos todo o programa cultural de Guerrilla, programado para o mes de outubro e novembro.

Programa completo

12/09/2023 15:09

Más de Uno Pontevedra 12/09/2023

Repaso a actualidade local e comarcal deste martes. No almorzo informativo do Hotel Rías Bajas, conversamos con Mar Ambroa, gerente de Artesa Despensa Atlántica. Falamos de seguridad vial co colectivo ciclista Pedaladas. Conectamos co Festival FIC Bueu onde esta tarde o xornalista de Onda Cero, David Martos, grava un novo capítulo do podcast Kinótico no centro social de Bueu. E, como cada martes, descubrimos novos títulos de libros con Adriana Otero, da librería Cronopios.

Programa completo

08/09/2023 15:44

Más de Uno Pontevedra 08/09/2023

Repasamos as novas máis importantes da actualidade. Coñecemos o tempo do fin de semana. Con voces expertas en ecoloxía falamos do aumento da temperatura do mar. Analizamos a importancia da vocación do profesional dos servizos de asistencia a domicilio con Galaurea. Apretamos o acelerador na Subida Pontecaldelas conversando co alcalde do municipio Andrés Díaz. E, no remate, damos unha ollada a axenda de ocio e cultura con Sofia Caamaño e Noa Pichel.

Programa completo

07/09/2023 15:57

Más de Uno Pontevedra 07/09/2023

Repasamos a actualidade da xornada de xoves. Falamos dos problemas dos traballadores do concello; en especial, dos profesioais da policía local e bombeiros de Pontevedra. Saudamos o alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, ante o inminente peche da incricpión da Carreira Popular. Descurbrimos a campaña #omarentapas que ten lugar na Illa de Arousa, organizada por OPP20. E, en Marín, ten lugar a celebración das Festas da Virxe do Porto. Desvelamos o programa coa concelleira Marían Sanmartín.

Programa completo

05/09/2023 14:39

Más de Uno Pontevedra 05/09/2023

Revisamos a actualidade desta xornada de martes. Conversamos no almorzo informativo do Hotel Rías Bajas con Tino Lores, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Coñcemos a predicción do tempo para as próximas horas. E falamos de libros, autores e lembranzas con Adriana Otero, da Librería Cronopios.

Contra la brecha digital

04/09/2023 15:48

La EPAPU imparte un curso gratuito para mayores e inmigrantes en nuevas tecnologías

La formación como medida fundamental contra la brecha digital. La EPAPU Río Lérez (Escuela para adultos de Pontevedra) ofrece un curso de capacitación digital completamente gratuito. Se trata de una formación asociada la una cualificación de nivel 2 del Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. Finalizar este curso de 30 horas permite acreditar competencias y habilidades en este campo.

Programa Completo

04/09/2023 15:26

Programa Completo

04/09/2023 15:26

Más de Uno Pontevedra 04/09/2023

Repasamos a actualidade do inicio de semana. Conectamos con Meteogalicia coa finalidade de coñecer a previsión para esta xornada. Analizamos os datos do desemprego co síndicato UXT. Falamos da óptima seguridade na Feira Franca e da oficiña de obxectos perdidos da Policía Local de Pontevedra. Tamen descubrimos os detalles dun curso de formación dixital gratuito dirixido a persoas adultas. E conversamos os últimos minutos de programa sobre o Ciclo EuroÁrabe 'Amal en Ruta' que ten lugar no Teatro Principal.

Onda Cero Pontevedra

28/08/2023 15:03

Más de Uno Pontevedra 28/08/2023

Damos unha ollada a actualidade das últimas horas en Pontevedra e comarca. Saimos a rúa para preguntar polo inicio do curso. E falamos con Fernando Alonso, portavoz da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, sobre o incremento dos narcopisos. Tamen, prestamos atención a falta de man de obra na vendimia e facemos balance da campaña de limpeza de 'Vai polo río' no cauce fluvial Os Gafos en Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

19/07/2023 14:32

Más de Uno Pontevedra 19/07/2023

Repasamos as últimas novas de actualidade local e comarcal. Damos unha volta polas praias, da man de Noa Pichel e Sofia Caamaño, e saimos a rúa para preguntar polo paraxe natural das Illas Cies. Ademaís, falamos do voto por correo con Isabel Mouriño, da sección sindical de CC.OO en Correos Pontevedra. Facemos balance da actual situación dos servizos de primaria na área sanitaria Pontevedra-Salnés. E conversamos con Carmen Avendaño, presidenta de Erguete e nai contra a droga, con motivo do 15 aniversario da recuperación do Pazo Baion (Vilanova de Arousa).