Entrevistas Rías Bajas
12/12/2019 14:27
Elena Ferro: "Eu pretendo que cos meus zocos leves cultura galega nos pés"
Esta semana a convidada no Hotel Rías Bajas é a pontevedresa Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía. Desde o seu taller en Merza (Vila de Cruces) fabrican 8.000 zocos ao ano, unha cifra de éxito que chega despois de máis dunha década de investigación para introducir cambios no deseño que fixesen posible adaptar este calzado tradicional aos tempos actuais. Elena tivo claro desde nena que quería ser feiranta e zoqueira, sempre creu no oficio da súa familia e insistiu ata dar coa fórmula que permitiu reactivar o taller. Durante a conversa confesounos que ela non pretende que os zocos sexan un calzado de moda, a súa intención é que sexa un calzado máis, que non morra o oficio e contribuir a manter viva a tradición, a lingua e a cultura galega. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.