O plan do Ministerio deixa sen bus a 23 concellos galegos
01/06/2022 19:03
«Estamos dispostos a ir á xustiza para evitar quedarnos sen paradas»
Os concellos afectados pertencen ao rural galego. O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, non descartaba na Brújula deGalicia de Onda Cero facer unha fronte común coas outras localidades afectadas. «Todo dín que apoian ao rural, pero á hora da verdade non», lamentaba. A reformulación do mapa de concesións de liñas de autobuses interautonómicos, feita polo Ministerio de Mobilidade, deixa sen parada a 23 concellos galegos.