Salnes

PROGRAMA COMPLETO

31/01/2023 14:29

Más de Uno Pontevedra 31/01/2023

Abrimos o programa coa actualidade deste último día de xaneiro e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o xerente da área sanitaria Pontevedra - O Salnés, o doutor José Flores. Ademais, completamos o programa co espazo Cronopios que hoxe ten como protagonista á xornalista e escritora María Solar para presentar a súa novela "A culpa".

PROGRAMA COMPLETO

20/01/2023 14:07

Más de Uno Pontevedra 20/01/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día marcada polos plenos da corporación municipal de Pontevedra e conversando coa presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, que nos atende desde FITUR. Buscamos a previsión metereolóxica para a fin de semana e, como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro. Ademais, marcamos axenda cultural e volvemos a FITUR para degustar o galo de curral de Vila de Cruces e planificar unha visita ao xeodestino "Mar de Santiago".

PROGRAMA COMPLETO

17/10/2022 14:17

Más de Uno Pontevedra 17/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada por un novo accidente mortal nas estradas pontevedresas. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas para celebrar que por fin a choivas chegou ás Rías Baixas para quedarse. Abrimos tempo de entrevista co doutor Pedro Corsino, director do congreso de oftalmoloxía ‘Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico’ que se celebrará os días 28 e 29 de outubro en Pontevedra. Ademais, como cada luns, escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

PROGRAMA COMPLETO

27/09/2022 14:16

Más de Uno Pontevedra 27/09/2022

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes, Día Mundial do Turismo, e conversando coa xerente de Galáurea, Marta Blanco. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o xerente da Mancomunidade do Salnés, José Ramón Ramón Guinarte. Completamos o programa ampliando as nosas bibliotecas particulares en compañía de Mercedes Corbillón con novas recomendacións desde a Librería Cronopios.

Desayuno en el Hotel Rías Bajas

27/09/2022 13:50

Desayuno en el Hotel Rías Bajas

27/09/2022 13:50

Celebramos el Día Mundial del Turismo con la Mancomunidad de O Salnés

La Comarca de O Salnés ya representa el 30% del turismo de Galicia. Ramón Guinarte nos visita en el Hotel Rías Bajas para celebrar este 27 de septiembre, Día Mundial del Turismo. Hacemos balance de casi dos décadas de trabajo desde la Mancomunidad de O Salnés y hablamos de los retos y desafíos a partir de ahora.

PROGRAMA COMPLETO

23/09/2022 14:45

Más de Uno Pontevedra 23/09/2022

Abrimos o programa nesta primeira xornada de outono, facendo balance turístico do verán co xerente da Mancomunidade do Salnés, José Ramón García Guinarte. Conversamos cos portavoces dos traballadores de Ence ante unha nova manifestación convocada para a semana que vén, e saudamos a Alejandro Regueiro, candidato á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra. Como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro e marcamos axenda cultural, de ocio e festiva para esta fin de semana.