Silleda

Más de Uno Pontevedra

26/03/2020 15:05

A Banda de Música de Silleda tamén resistirá

Conversamos co director da Banda de Música de Silleda, Rafael Agulló, mentres escoitamos a versión de "Resistiré" que máis de corenta músicos interpretaron e gravaron a distancia. As veciñas e veciños de Silleda xa fan sonar o tema da súa banda cada tarde ás 20.00 h cando saen aplaudir ás ventás. Neste podcast podes volver escoitar a conversa con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".

Onda Cero Pontevedra

26/03/2020 14:43

Más de Uno Pontevedra (26-03-2020)

A actualidade local deste xoves continúa marcada pola crise do coronavirus e comezamos coñecendo a última hora. Conversamos co director da Banda de Música de Silleda, Rafael Agulló, mentres escoitamos a versión de "Resistiré" que acaban de gravar a distancia máis de corenta músicos. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e conversamos coa AECC de Pontevedra para coñecer como reorganizaron o seu traballo para seguir atendendo aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias. Completamos o programa visitando o centro de maiores Saraiva Senior para interesarnos polo estado dos 36 residentes e de todos os profesionais que os coidan cada día.

Onda Cero Galicia

21/10/2019 13:28

Gente Viajera de Galicia (18-10-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade da semana e visitando a parroquia pontevedresa de Salcedo nunha primeira viaxe express. Visítanos a pianista Isabel Pérez Dobarro para levarnos polo mundo coa música clásica como fío condutor. Coñecemos o proxecto "Morada Atlántica" a través dunha exposición que nos leva pola Costa da Morte co océano como protagonista. Rematamos a viaxe en Silleda para descansar no "Remanso de Trasfontao".