Onda Cero Pontevedra
24/10/2016 14:01
Comezamos a semana coa campaña de vacinación contra a gripe e o aniversario do crime machista e Pontesampaio, cuestións que centran a nosa atención no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos co director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, para coñecer a campaña solidaria de recollida de tapóns coa que axudar a Nahir, una nena pontevedresa de 5 anos con parálise cerebral. E, como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e escoitamos as novidades musicais en galego