Manifesto das peñas da UD Ourense
25/06/2020 14:02
As peñas da UD Ourense rexeitan a fusión que propoñen ó Ourense CF e o Concello de Ourense
Obxectivos da UD Ourense: Os alicerces básicos da Unión Deportiva Ourense (entidade sen ánimo de lucro) son honrar a memoria de CD Ourense (nunca suplantalo), potenciar o deporte base e o deporte en xeral. Divulgar a riqueza de Ourense e provincia. Fomentar o espíritu de unión, deportividade e compañeirismo. O obxectivo deportivo da Unión Deportiva Ourense non ten límite. Aspiramos a chegar ás categorías máis altas.