viaxe express

Onda Cero Galicia

16/02/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (16-02-2018)

Viaxamos por Galicia para vivir unha experiencia enoturística en Ribadavia nas adegas Viña Costeira, e descansar na Serra de Outes na Casa do Zuleiro. A galega viaxeira que convidamos esta semana lévanos ata a India, de Hyderabad e Delhi acaba de volver a escritora Inma López Silva. Repasamos a actualidade da semana e no Barrio da Tinería de Lugo degustamos cervexá artesá Aloumiña

Onda Cero Galicia

02/02/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (02-02-2018)

Abrimos o programa repasando a actualidade máis viaxeira da semana e visitando Cuntis para desfrutar dunha nova edición do "Tapalacón". Percorremos o mundo guiados pola médica galega, Lorena Bembibre, autora do blog "loenlasnubes.com". Facemos once paradas gastronómicas ao longo dos Concellos que integran a Mancomunidade do Camiño Francés. E, a vista de páxaro, rematamos o programa en Muxía para vivir unha experiencia ornitolóxica.

19/05/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (19-05-2017)

Nesta semana das "Letras Galegas" propoñemos unha viaxe polo mundo seguindo as pegadas dos libros e do traballo dunha editorial galega internacional como Kalandraka: Xosé Ballesteros, director e co-fundador, é o noso convidado no tempo da entrevista. Visítanos a directora da nova revista PINCHA, Rebeca Munín, para organizar unha escapada a Santiago de Compostela. Abrimos axenda coa proxección do filme "Sicixia" de Ignacio Vilar en Ponteareas e visitamos A ESTRADA para degustar o mellor salmón na nosa viaxe express de cada venres.

12/05/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (12-05-2017)

Esta semana viaxamos guiados polo primeiro mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán: o escritor Marcos Calveiro, autor da novela «Fontán» é o convidado no tempo da entrevista. A viaxe express lévanos a Vila de Cruces e, con Ana Otero, organizamos o mes de maio grazas aos seus «Murmullos entre maletas». Na axenda visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha «visita cruzada» con Xosé Leal, deputado provincial de cultura.