Xunta de Galicia
15/09/2021 11:07
Instalación dun sistema de videovixilancia no Poligono Industrial de Xinzo de Limia
Gabriel Alén explicou que o sistema contará con cámaras de visión nocturna especialmente deseñadas para o recoñecemento de matrículas, conectadas todas elas a un equipo conmutador de rede, xestionado por un servidor con software específico de control.
O representante do Goberno galego subliñou tamén que está a piques de licitarse a obras de urbanización da ampliación do mesmo nas que a Xunta investirá máis de 3,6 millóns.