Máis de Un Pontevedra
10/02/2023 14:12
Cociñamos vieira galega de Porto de Cambados con Alberto González Prelcic
A vieira galega é o marisco con máis fama internacional e ten o seu enclave ideal en Cambados. Coñecemos a calidade da vieira de Porto de Cambados e aprendemos a cociñala en compañía dos mellores cociñeiros galegos. Hoxe acompáñanos Alberto González Prelcic desde o restaurante "Silabario" con Estrella Michelín en Vigo.