Vilagarcia

Más de Uno Pontevedra

08/08/2023 13:55

"Goza da praia", una campaña para concienciar a los bañistas sobre el cuidado de los arenales

La campaña «Goza da praia sen deixar pegada» impulsada por Afundación, la Obra Social de ABANCA, en el marco de su programa PLANCTON, llega hoy a la playa de Compostela, en Vilagarcía de Arousa, con el objetivo de sensibilizar a los turistas que visiten este hermoso arenal sobre la necesidad de compatibilizar el uso recreativo de las playas con las actividades socioeconómicas que se llevan a cabo en estos espacios naturales, como es el caso del marisqueo. Hablamos sobre esta campaña con Gonzalo Mora, portavoz del Departamento de Responsabilidad Social Corporativa de A Fundación.

PROGRAMA COMPLETO

01/08/2023 14:20

Más de Uno Pontevedra 01/08/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e visitando Vilagarcía de Arousa e Cambados. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe o noso convidado é o novo alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo. Completamos o programa co espazo Cronopios e as novas recomendacións lectoras de Mercedes Corbillón

PROGRAMA COMPLETO

11/07/2023 14:20

Más de Uno Pontevedra 11/07/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día nesta xornada de festivo local en Pontevedra e escoitando o que a rúa responde sobre San Bieito de Lérez. Conversamos coa concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa, Sonia Outón, para coñecer o programa de San Roque e percorremos as praias das Rías Baixas para buscar a información do tempo. Completamos o programa co espazo Cronopios e a visita de Agatha Ruíz de la Prada e unha reportaxe de Noa Pichel e Sofía Caamaño sobre o ciclo “Cinema e Estrelas” que hoxe comeza na Praza da Pedreira.

PROGRAMA COMPLETO

12/04/2023 14:33

Más de Uno Pontevedra 12/04/2023

Pendentes do novo intento por desconvocar a folga dos traballadores do consorcio provincial de bombeiros en Pontevedra. Hoxe, na Deputación, os profesionais manteñen unha reunión. Á marxe deste conflito prestamos atención á decisión do Parlamento de Galicia, dos tres grupos políticos (PP, BNG y PSdeG), de solicitar a transferencia da AP-9. Falamos deste tema co portavoz dos nacionalistas en infraestruturas, Luís Bará. Ademais, analizamos o rexurdir do tráfico e consumo de heroína coa FGCN. Repasamos as cifras de peregrinos no Camiño Portugués a Santiago en Semana Santa. E, ao peche, lembramos a ampliación das visitas á Illa de Tambo. O concelleiro de Poio, Greogrio Agís, fai de guía por este espazo natural.

Máis de Un Pontevedra

05/04/2023 14:35

Paola María: "O novo Vaibike! xa ten máis de 500 usuarios e temos Vilagarcía chea de bicicletas"

Conversamos coa concelleira de Urbanismo e Mobilidade de Vilagarcía de Arousa, Paola María, sobre o novo "Vaibike!" que acaban de poñer en marcha neste mes de abril e que xa conta con máis de 500 usuarios. Na aposta do Concello por avanzar nun modelo de mobilidade sostible, renovaron e ampliaron o servizo municipal de bicicletas, que pasou de contar con 5 estacións ás 16 da actualidade. Deste xeito o Vaibike! chega a boa parte do municipio, tanto a zonas do centro urbano como ás do extrarradio, e dá máis facilidades aos usuarios para que fagan uso da bicicleta como medio para desprazarse pola cidade.