Vilagarcia

PROGRAMA COMPLETO

25/10/2022 14:36

Más de Uno Pontevedra 25/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada, marcada pola reunión entre o alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Ademais, conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o tenente de alcalde de Caldas de Reis e concelleiro de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, Manuel González. Completamos o programa co espazo Cronopios que hoxe trae nova recomendacións da man de Adriana Otero

PROGRAMA COMPLETO

24/10/2022 14:22

Más de Uno Pontevedra 24/10/2022

Iniciamos a semana repasando as incidencias do primeiro temporal do outono e pendentes do pleno da corporación municipal de Pontevedra. Na sesión deste luns aprobouse o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), cos votos a favor dos grupos políticos do goberno: BNG-PSdeG. Tamén, en tempo de actualidade, analizamos as últimas novas do concello de Pontecaldelas; conversamos co seu alcalde Andrés Diaz. Dedicamos tempo a iniciativas da CEP no fomento da Igualdade e coñecemos os novos prazos de matriculación para inscribirse na oferta académica da UNED, institución que estará presenta nunha nova edición de Edugal. Falamos co seu director.

Visitamos Vilagarcia para coñecer máis do espectacular programa do Festival de Curtas. E, como cada luns, compartimos música e talento no espacio 'Cántamo en Galego'.

Especial CURTAS - Festival do Imaxinario de Vilagarcía

21/10/2022 14:21

Alberto Varela: "O Festival Curtas converte a Vilagarcía nunha referencia a nivel nacional e internacional"

Conversamos co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, sobre a 50 edición do CURTAS-Festival do Imaxinario que arranca hoxe de forma oficial para desenvolver unha intensa axenda de actividades ata o vindeiro 30 de outubro. Tras unha primeira sesión de proxeccións no Salón García durante esta tarde das películas, curtametraxes e documentais presentados a concurso, o acto inaugural celebrarase ás 21.30 horas de hoxe, na Casa da Cultura

PROGRAMA COMPLETO

21/10/2022 14:08

Más de Uno Pontevedra 21/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, sobre a inauguración do Festival Curtas. Buscamos a previsión metereolóxica para a fin de semana e abrimos tempo de entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Ademais, como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro

PROGRAMA COMPLETO

07/10/2022 14:26

PROGRAMA COMPLETO

07/10/2022 14:26

Más de Uno Pontevedra 07/10/2022 Especial Feria de Motor Ocasión en Fexdega-Vilagarcía

Programa especial desde Fexdega en Vilagarcía de Arousa. Visitamos Motor Ocasión na súa xornada inaugural e conversamos coas diferentes empresas que teñen aquí os seus vehículos durante a fin de semana. Ademais, comentamos a actualidade de Pontevedra co portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, e como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro. Completamos o programa cunha axenda cultural para a fin de semana.

PROGRAMA COMPLETO

03/10/2022 14:33

Más de Uno Pontevedra 03/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Bueu, Félix Juncal. Como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

ONDA CERO PONTEVEDRA

26/09/2022 15:11

Más de Uno Pontevedra 26/09/2022 Motor

Abel Millán nos ofrece los resultados de las competiciones del motor del fin de semana, noticias de interés para nuestro vehículo, hoy nos centramos en la hoja de rescata que recomienda el RACE y finalizamos con la banda sonora de "Regreso al Futur"o porque El Delorean se podrá ver en Vilagarcía en octubre.