PROGRAMA ESPECIAL - I PREMIOS TURISMO GENTE VIAJERA DE GALICIA

Gente Viajera de Galicia 14/06/2024

Este venres para nós aquí en Gente Viajera de Galicia é de agradecemento a todas as persoas que nos acompañaron e que fixeron posible os I PREMIOS DE TURISMO GENTE VIAJERA DE GALICIA.

Lorena Páramo

Galicia |

Gañar ese premio é o que teñen en común: O Grupo Oca Hoteles como mellor empresa turística, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a innovación turística e sostenibilidade, a provincia que sabe da Deputación de Pontevedra como mellor promoción turística, Viajes Rascado como mellor iniciatica local de Pontevedra, o Retiro da Costiña como gastronomía excelente de Galica, Ribadeo como vila máis bonita de Galica, Antonio Catalán como embaixador e a señora Lola de Casa Checho na Illa de Ons premio a toda unha vida.

Neste programa especial escoitamos algunhas voces que formaron parta da gala de entrega: o Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López o alcalde de Abegondo recollendo o premio a innovación turística; o vicepresidente da Deputación da Coruña e o alcalde de Ribadeo. Carles Lamelo, presentador e director do programa nacional Gente Viajera, desprazouse a Pontevedra para esta ocasión tan especial e fixo un discurso moi emotivo, escoitamos o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e tamén o director de Onda Cero Galicia, Nacho Capeáns.

Escoita o programa completo Gente Viajera de Galicia con Susana Pedreira.