Allariz acollerá do 27 de setembro ó 13 de outubro a XIII edición das Xornadas da Carne de Boi na que este ano participarán 23 establecementos hosteleiros.
A hostelería alaricana ofertará tapas e menús que teñán como ingrediente principal a singular carne de boi. Pinchos elaborados de diferentes e sabrosos estilos e menús e pratos con prezos para tódolos petos.
Participarán no concurso 19 tapas e serán os comensais os que elixan a mellor por votación popular. Haberá dende tapas tradicionais ata callos de boi ou albóndegas, ademáis de propostas innovadoras.
A primeira persoa que consuma as 19 propostas recibirá un premio directo de 100 euros para gastar no comercio local.
Tamén haberá sorteo de vales con premios por consumir as tapas.