Entrevista a Argimiro Marnotes

Argimiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro, fala da eliminatoria co Atlético de Madrid

Argimiro Marnotes fálanos da ilusión de O Carballiño co partido frente ó Atlético de Madrid

Onda Cero Ourense

Ourense | 17.11.2022 18:20

Sorteo de Copa do Rei

CD Arenteiro - Club Atlético de Madrid

A cidade do fútbol das Rozas acolleu o sorteo da segunda eliminatoria da Copa do Rei con Club Deportivo Arenteiro representando ó fútbol ourensán.

Os rivales desexados eran o Athletic, a Real Sociedad, o Sevilla, o Villarreal pero sobre todo o Atlético de Madrid. E a sorte estivo co Arenteiro, a bola que sacou Riquelme (xogador do Girono) foi a do Atlético de Madrid.

Así viviu o equipo do Arenteiro a extracción da bola do Atlético de Madrid

O Atlético chegará a Espiñedo o 20, 21 ou 22 de decembro.

As orixes deste CD Arenteiro

Club Deportivo Arenteiro ten máis de 60 anos de vida pero esta nova etapa ten un punto de partida.

O Arenteiro estaba dirixido por Manel Vázquez e xogaba unha eliminatoria que enfrentaba os dous mellores terceiros da Preferente Galicia. O que gañase a eliminatoria tería a opción de subir a terceira división pero para éso tiña que salvarse o Coruxo do descenso a terceira división e o Rápido de Bouzas ascender a Segunda División B. Sucederon as tres cousas e o Arenteiro comenzou un camiño que parece non ter fin.

O penalti decisivo do Arenteiro coa Agrupación Estudiantil

A eliminatoria co Estudiantil precisou da épica. Despois de dous partidos chegouse a unha prórroga en Espiñedo, si, no templo, e alí decidiu (entre outros) o gardarredes Pachi metendo unha pena máxima e detendo a decisiva.

Pachi, gardarredes do Arenteiro, detivo un penalti que acabou supoñendo o ascenso de CD Arenteiro a terceira división
Resolución da tanda de penaltis entre CD Arenteiro e Agrupación Estudiantil | Pachi, gardarredes do Arenteiro, detivo un penalti que acabou supoñendo o ascenso de CD Arenteiro a terceira división
Continuará ...