Centos de persoas voltaron a celebrar este domingo en Castro Caldelas a Festa dos Fachós. Unha celebración tradiciónal que arrancou entre lusco e fusco e que levou a percorrer o centro desta vila ós asistentes (veciños e turistas) con ó redor de 500 fachós de palla.
A Alcaldesa, Sara Inés Vega, salientou en Onda Cero Ourense a relevancia desta cita no ciclo festivo e tamén como motor da vila.
Pola sua parte o Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que asistíu á mesma, salientou o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do territorio.
A cita co lume e a palla celébrase cada 19 de xaneiro e ademáis do carácter simbólico e de culto desta tradición, conta cun apartado gastronómico no que se ensalza o producto local.