Supermercados Gadis leva máis de 20 anos enriquecendo Alimentes, o seu programa educativo para fomentar a alimentación saudable, a actividade física, o consumo responsable e evitar o desperdicio alimentario desde a infancia. Un plan que neste curso retoma as visitas escolares de forma presencial a puntos de venda situados en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Barbanza, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca e Valladolid.
Está previsto que, nos próximos meses, máis de 14.000 alumnos de Galicia e Castela e León participen nesta actividade, na que son guiados polas diferentes seccións dos supermercados para que aprendan in situ como levar a cabo un consumo responsable e unha alimentación equilibrada, centrada nos produtos frescos: froitas e verduras, peixe fresco, carne, legumes e lácteos, entre outros. Máis de 46.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de ambas as comunidades autónomas xa gozaron desta enriquecedora experiencia nos Supermercados Gadis durante a última década.
Alimentes Dixital
O formato presencial compleméntase co online grazas á plataforma Alimentes Dixital desenvolvida por Gadis, que supón unha oportunidade para profundar nestes coñecementos de forma interactiva. Unha ferramenta que se reforzou con novos contidos nos dous últimos anos, coa participación de 26.470 escolares, 1.241 docentes e 671 centros educativos rexistrados. Cifras que poñen en valor o alcance desta iniciativa de Gadis que, como novidade neste novo curso, deseñou unha unidade didáctica sobre a xestión de residuos e reciclaxe, e unha sección pedagóxica con ideas para estimular a creatividade, profundar en conceptos vinculados á alimentación sostible e fomentar o debate sobre temas que se tratan.
Especialmente pensada para traballar nas aulas coa axuda do equipo docente, Alimentes Dixital está dividida en 11 unidades, seguindo a cadea dos alimentos, desde as súas respectivas orixes ata que chegan aos supermercados e aos fogares. O último apartado está centrado na xestión de residuos e xira ao redor de como poden axudar ao Planeta ante a escaseza de recursos naturais optando pola redución, a reciclaxe e a reutilización de materiais e produtos.
Os profesores e alumnos teñen á súa disposición contidos amenos e didácticos adaptados ás diferentes etapas educativas, idades e aos novos currículos oficiais, tanto de Galicia como de Castela e León. Talleres, xogos interactivos, fichas, vídeos e exercicios permiten seguir este roteiro interactivo en https:/www.gadis.es/saludable/alimentes-dixital/
O propósito de Supermercados Gadis é apoiar á contorna familiar e escolar para que adquiran desde a infancia hábitos saudables, un dos principios do programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, comprometida coa educación de calidade para fomentar un estilo de vida activo.
Premios para incentivar a participación
As aulas que terminen as once unidades poderán levar de agasallo un kit do Prato Alimentes: O menú saudable, que serve de guía para que os nenos interésense por mellorar a súa alimentación. Cando finalice o curso de Alimentes Dixital, Gadis sorteará entre todos os colexios rexistrados 60 tablets (5 kits con 12 dispositivos cada un).