Concello de Ourense

O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia

Gonzalo Jácome foi recibido pola tenente de alcalde de Lleida, Sandra Castro, e visitou o expositor da empresa ourensá Formato Verde.

Óscar Gómez

Ourense | 21.10.2021 12:01

O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia
O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou á feira internacional de Equipamentos e Servizos municipais, Municipalia, que se desenvolve na localidade catalá de Lleida. A finalidade da visita é coñecer de primeira man as últimas novidades do sector e establecer contactos con provedores de concellos coa finalidade de mellorar a dotación de recursos de diferentes servizos municipais. “Queremos coñecer o ,mellor do mercado e traelo a Ourense”, asegurou o rexedor.

Coa vontade de apoiar a industria local, Pérez Jácome visitou o expositores da empresa ourensá Formato Verde, que desenvolve a súa actividade no sector do equipamento para a recollida de residuos urbanos, e que foi unha das estrelas da feira.

O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia
O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia | onda cero

No decurso da visita, o alcalde foi recibido pola tenente de alcalde do Concello de Lleida, Sandra Castro i Bayona, concelleira de Educación, Cooperación, Dereitos Civís e Feminismos, no expositor da cidade de Lleida.

Municipalia é un evento que se desenvolve do 19 ao 21 de outubro cunha alta participación de compañías referentes do sector, empresas innovadoras e grande variedade de xornadas técnicas. O seu obxectivo, explica a organización, é “achegar solucións para optimizar a xestión municipal con propostas pioneiras e sostibles para o progreso das cidade s e para a rendibilidade dos investimentos”. A mostra reúne 300 expositores cunha superficie total de exposición de 21.500 metros cadrados e un programa con máis de 40 actividades paralelas.