Ourense Cidade

O alcalde de Ourense rexeita o acordo entre Facenda e a FEMP

Jacome demandan dispoñer libremente dos remanentes para destinalos aos proxectos e políticas que cada municipio precise

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 02.09.2020 08:50 )

Reunión de alcades de tinta cidades para rexeitar o acordo entre Facenda e a FEMP | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, participou esta mañá na xuntanza por vídeoconferencia, convocada polo alcalde de Zaragoza, Jorge Azcón, dunha trintena de alcaldes de cidades españolas que se opoñen ao acordo subscrito pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Facenda para as axudas contra a Covid-19.

Ourense e as trinta cidades constataron este rexeitamento, reclaman que os concellos podan dispoñer libremente dos remanentes acumulados durante os últimos anos “destinándoos aos proxectos e políticas que cada municipio determine en función das súas necesidades, e instan o Ministerio de Facenda a abrir de inmediato un novo proceso de diálogo cos concellos, que dea lugar a un novo real decreto urxente

Gonzalo Jácome cualificou dunha “honra” que Ourense participe nesta reivindicación que lidera o alcalde de Zaragoza, e que conta coa adhesión de 31 municipios, entre os que figuran 24 capitais de provincia, que suman unha poboación superior a 11 millóns de persoas e moi diversas ideoloxías, pois teñen alcaldes que representan a 13 formacións políticas distintas.

No marco da reunión, Gonzalo Jácome explicou a especial situación de Ourense: “Somos os que máis sensibilizados estamos co remanente de crédito porque somos o concello de España que máis diñeiro temos en caixa por habitante”, en torno a uns 1.000 euros por veciño, e uns 100 millóns de euros en total. Por este motivo, conclúe: “o que ocorra con ese remanente vai incidir máis en Ourense ca no resto das cidades españolas”.

Trala xuntanza, acordouse un comunicado conxunto dos alcaldes participantes: Alicante, Almería, Badaxoz, Badalona, Barcelona, Cádiz, Córdoba, Xirona, Granada, Lleida, Madrid, Málaga, Marbella, Murcia, Ourense, Oviedo, Palencia, Pamplona, Pontevedra, Pozuelo de Alarcón, Reus, Salamanca, Santander, Santa Cruz de Tenerife, Tarragona, Telde, Terrassa, Teruel, Torrelavega, Valencia e Zaragoza.

Na declaración conxunta, os alcaldes reivindican o papel “fundamental” que xogaron os concellos na xestión da crise sanitaria e económica ocasionada polo coronavirus, e o esforzo financeiro realizado “sen axudas de ningún tipo” nunhas circunstancias excepcionais, que minguaron ingresos e aumentaron gastos, polo que demandan “imperiosa e urxentemente axudas estatais e europeas” para seguir prestando servizos e reactivar a economía.

Os alcaldes rexeitan o acordo entre a FEMP e Facenda “por ser inxusto e vulnerar o principio de igualdade de municipios e cidadáns”, e porque “vulnera a autonomía financeira das entidades locais” e establece unha “inadmisible exclusión dos concellos que non dispoñen de remanentes”. Subliñan que o decreto aprobado polo goberno español non ten maioría suficiente para ser validado no Congreso, e solicitan “a apertura inmediata dun proceso de diálogo” coa finalidade de “iniciar unhas novas negociacións que permitan establecer uns criterios de reparto dos fondos baseados na igualdade e na solidariedade”.

Os rexedores demandan un acordo que inclúa un fondo incondicionado de 5.000 millóns para todos os concellos, outro específico para transporte público, a ampliación do prazo das investimentos financeiros sostibles, a eliminación da regra de gasto, o concepto de déficit e estabilidade”.

Reclaman que os concellos poidan dispoñer libremente dos remanentes acumulados durante os últimos anos “destinándoos aos proxectos e políticas que cada municipio determine en funcións das súas necesidades”, e solicitan o apoio ao conxunto dos grupos políticos representados en Congreso e no Senado para que rexeiten o acordo adoptado pola FEMP e Facenda “e defendan o dereito de todos os cidadáns a ser axudas en igualdade polo Estado independentemente do municipio no que habiten”.