Cultura

O BNG asegura que Jácome pasará a historia por ser o enterrador da cultura

Desde o BNG pensan que o alcalde oculta as verdadeiras intencións, que subxacen da decisión de non facer programación cultural no auditorio

Óscar Gómez

Ourense | 18.01.2021 08:12

O BNG asegura que Jácome pasará a historia por ser o enterrador da cultura
O BNG asegura que Jácome pasará a historia por ser o enterrador da cultura | onda cero

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, advirte que logo do anuncio do alcalde de que renuncia a facer a programación do auditorio municipal alegando que a programación cultural do concello xa está cuberta coa do Teatro Principal estamos diante da constatación de que Jácome renuncia a gobernar.

Esta decisión non é neutra, e enmárcase dentro dunha estratexia de demolición programada da cultura, iniciada no seu día coa eliminación de referencias culturais como o FITO, o Outono Fotográfico, a MITEU, o Pórtico do Paraíso, ... e continuada co intento de baleiramento de espazos culturais como a Sala Valente ou o Museo Municipal.

Desde o BNG pensan que o alcalde oculta as verdadeiras intencións, que subxacen da decisión de non facer programación cultural no auditorio, de non ter licitado a contratación dos técnicos e técnicas audiovisuais do mesmo e de non ter asinado o convenio co AGADIC. Non é descartábel para quen ten unha visión exclusivamente mercantilista da cultura que estas decisións estean na base dunha futura privatización deste espazo público.

Jácome non só pasará a historia por ter sido un alcalde letal para Ourense, senon tamén por ter sido o enterrador da cultura.