Sanidade

O BNG demanda a mellora da atención primaria ante a Deputación de Ourense

Bernardo Varela demanda o apoio do ente provincial para reforzar a atención primara con máis recurso e menos precariedade laboral do persoal sanitario.

Óscar Gómez

Ourense | 25.11.2021 10:13

Entrada a urxencias do CHOU
Entrada a urxencias do CHOU | La Voz de Galicia

Desde o grupo nacionalista reclaman contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal sanitario, coa aplicación un “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisplinares para dar cobertura as necesidade de saúde da poboación.

Así mesmo, tal como demanda a Plataforma SOS Sanidade Pública, o BNG demandará ante o ente provincial instar á Consellaría de Sanidade a incrementar de maneira urxente o orzamento sanitario destinado a Atención Primaria co obxectivo de alcanzar o 25% do orzamentos, sendo ademais este orzamento de carácter finalista para que non terminen noutras partidas.

Antes da pandemia a Atención primaria atravesaba unha profunda crise estrutural, con demoras e masificación da asistencia, como consecuencia dos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do PP, indica Varela. Na actualidade, os orzamentos na Atención Primaria apenas supoñen o 12% do orzamento sanitario total, polo que é evidente e urxente este incrementalo. “As lista de agarda e as deficiencias no servizo na atención primaria están a producir situacións que agravan doenzas, indica o voceiro do BNG, e por iso solicitamos o apoio da Deputación para esixir o reforzamento do servizo de atención primaria.”

O voceiro do BNG na Deputación de Ourense tamén sinala que a falta de persoal comeza a ser un problema ante a aparición de novos gromos de Covid, que xa teñen xerado a saturación do Autocovid pola falta de persoal, xa sen entrar en que antes había tres e agora só hai un. A aparición de gromos esixe a realización de cribados masivos que resultan imposibles de realizar pola falta de persoal, evidenciándose a dificultade de reactivar un servizo que está lonxe de ser prescindíbel.

O BNG demanda a mellora da liña convencional de ferrocaril entre Ourense e Vigo

El Gobierno Regional pide ahora ancho de vía internacional (AVE) para la línea convencional por Albacete
El Gobierno Regional pide ahora ancho de vía internacional (AVE) para la línea convencional por Albacete | Onda Cero

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, propón ao pleno provincial instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a mellorara e a actualización inmediata da liña convencional de ferrocarril polo Miño entre Ourense e Vigo. Dentro dun proceso de investimento para o mantemento regular e mellora das liñas de ancho convencional que percorren a provincia para unha circulación segura e eficiente dos nosos trens.

“Pois máis alá de que o MITMA comprometa no seu momento unha nova liña de AVE entre Ourense e Vigo”, declara Varela, “resulta evidente que esta liña ainda vai tardar en chegar, polo que é máis factible priorizar a mellora da liña existente ao carón do Miño, para chegar nunhas condicións dignas até Vigo.”

Varela reitera a necesidade de que se teñan en conta as dúas declaracións institucionais aprobadas fai só un mes na Deputación de Ourense denominadas: “sobre a problemática do ferrocarril na provincia de Ourense” e a declaración institucional “en defensa do ferrocarril público e social” nas que se demanda entre outras cuestión a recuperación de frecuencias, persoal, melloras de infraestruturas e a promoción trens de proximidade, así como a recuperación de estacións para ofertar un servizo público digno e de calidade aos cidadáns e articular o noso territorio.