Hai varios meses que o Grupo Municipal do BNG alertou das intencións do actual Goberno Local PP - DO de pechar a Oficina de Rehabilitación do concello. Oficina cuio papel ten sido fundamental á hora de desenvolver programas de rehabilitación como poden ser os ARIS, a recuperación do núcleo de Seixalbo, a defensa do patrimonio ou a captación de importantes subvencións relacionadas coa rehabilitación e adaptación de vivendas.
Para a formación nacionalista a decisión adoptada vía providencia, na que obriga ao peche da oficina o vindeiro día 17 de febreiro e o traslado do persoal á Concellería de Urbanismo, é unha mostra máis do afán desmantelador da administración pública levada a cabo neste mandato. Desmantélanse servizos, valéiranse concellerías de contido e en definitiva debilítase o concello no seu conxunto.
O feito de que se adopte esta decisión cando continúan as xuntanzas da Comisión de seguimento e se está en plena elaboración do PEPOU, documento inprenscindíbel para o concello, demostra que o actual goberno non ten o máis mínimo interese sobre esta cuestión.
O BNG, que desde hai meses leva preguntando por esta cuestión quere saber se o PP, socio de Jácome, tamén comparte e avala a decisión que se ven de tomar xa que en innumerábeis ocasións teñen manifestados o seu rexeitamento a dito peche.
Desde a formación nacionalista exixen ao populares un posicionamento claro e que máis alá de boas palabras, actúen en consecuencia para evitar o peche da Oficina de Rehabilitación.