O Concello instalará catro novos parques de chorros de auga nas próximas semanas. Estas instalacións, teñen coma obxectivo principal o desfrute da rapazada, sobre todo nestas semanas de altas temperaturas na cidade. Os xogos, estarán situados no Couto, en Santa Teresita, Barrocás e A Cuña.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, explica que “serán similares ao xa instalado no parque da zapatilla en San Francisco, e servirá de atractivo para a zona, ademais de refrescar á rapazada nestas semanas de verán”.
A previsión é que dous destes chorros da auga estean en funcionamento a finais deste mes, e na seguinte semana o resto.