Concello de Ourense

O Concello de Ourense recupera este ano o Desfile do Entroido

Gonzalo Jácome anima á participación no desfile, que contará con 18.000 euros en premios e axudas.

Óscar Gómez

Ourense | 01.02.2022 14:12

O Concello de Ourense recupera este ano o Desfile do Entroido
O Concello de Ourense recupera este ano o Desfile do Entroido | onda cero

A cidade de Ourense recuperará a finais de mes a festa do Entroido, logo da súa suspensión en 2021 a causa da pandemia. O Concello de Ourense quere animar á participación e para isto convoca o tradicional concurso, no que premiará as mellores comparsas e carrozas que formen parte do Desfile do Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o domingo, 27 de febreiro. A xunta de goberno local aprobou esta mañá as bases deste concurso, ás que destinará unha achega de 18.000 euros. O prazo de inscrición está aberto até o día 22 de febreiro.

Con esta convocatoria, “damos o pistoletazo para o Entroido, que volve despois de que o COVID nos privase desta festa en 2021, e se celebrará desde o 24 de febreiro até o 2 de marzo, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, quen avanza que o do domingo, 27 de febreiro “será realmente un gran desfile que volverá tomar o relevo do de 2020”. O rexedor anima a todos os colectivos que o desexen a participar no desfile que será “áxil e bonito”, no marco dun Entroido que agarda que sexa “impresionante e san, dentro dos límites que as restricións sanitarias nos permitan”.

A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc, que o desexen. A inscrición será a través do Rexistro Xeral do Concello, utilizando os modelos de inscrición que se poden obter na páxina web do Concello ou na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición farase a través de sede electrónica. O prazo improrrogable de inscricións de carrozas e comparsas remata o martes 22 de febreiro ás 14h.

O concurso de comparsas terá un xurado composto por un representante da Concellaría de Artes e Festexos, un representante veciñal e persoeiros do mundo da Cultura, do deseño, da imaxe ou da comunicación.

Repartiranse 9 premios ás mellores comparsas e 2 ás mellores carrozas

Comparsas con máis de 10 compoñentes.-

1º premio 900 €

2º premio 700 €

3º premio 500 €

Comparsas con menos de 10 compoñentes.-

1º premio 400 €

2º premio 300 €

3º premio 200 €

Especiais Comparsas

A máis numerosa 300 €

A máis ocorrente ou graciosa 300 €

Mellor animación / musical 300 €

Carrozas

Mellor deseño 300 €

Mellor animación 300 €

Tamén haberá axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio:

Carrozas

Para cada unha delas 120 €

Comparsas

de 5 a 9 compoñentes 60 €

de 10 a 19 compoñentes 90 €

de 20 a 29 compoñentes 120 €

de 30 a 39 compoñentes 150 €

de 40 a 49 compoñentes 180 €

de 50 compoñentes en adiante 210 €