O Concello de Ourense reforza durante este mandato os corpos de seguridade da cidade con medio cento de profesionais. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha realizaron á foto oficial cos novos bombeiros e axentes de Policía Local que durante as últimas semanas se incorporaron ao Concello de Ourense.
Aos 12 bombeiros condutores e 15 axentes recén chegados, sumaranse en próximas datas novos efectivos, coa previsión de completar a incorporación de medio centos de efectivos aos corpos de seguridade deste Concello ao longo deste mandato municipal.
Estas incorporacións responden á vontade do goberno municipal de reforzar dous corpos cuxo labor é fundamental para garantir a seguridade en Ourense e a calidade de vida da súa veciñanza, explica o concelleiro Telmo Ucha, quen asegurou esta mañá que “isto é unha mostra de que unha vez máis se fala con feitos. Como o alcalde dí, o que é medible non é opinable. E aquí están. Entre os xa incorporados e os que van chegar, incorporaremos máis de 50 funcionarios á disposición da seguridade na cidade”.
Explica a este respecto que durante os últimos meses, o cadro de persoal da Policía Local rexistrou 31 incorporacións, entre axentes que tomaron posesión das súas prazas entre novembro de 2021 e febreiro de 2022 por oposición ou por comisións de servizos, e mandos (un inspector e 2 oficiais). Con estes reforzos, a Policía Local de Ourense conta hoxe con 106 policías e 12 mandos, que “alivian moitísimo as necesidades, dadas as xubilacións que houbo durante estes anos”, advirte Telmo Ucha, quen avanza que con estes novos efectivos, “comeza de forma inmediata una reestructuración da Policía Local que era moi necesaria”, mentres se traballa para incorporar máis profesionais, a través de mobilidade.
En canto ao Servizo de Extinción de Incendios, logo da chegada en febreiro de 12 novos profesionais, o Concello prevé a próxima incorporación de 8 máis, 2 por cada unha das quendas do servizo, que incrementarán de forma interina o cadro de persoal, “para dotar por fin a cantidade que esta cidade precisa”, sinala Telmo Ucha. Son 53 na actualidade