O Grupo Municipal do Partido Popular, coa finalidade de axilizar a tramitación da modificación da Ordenanza Fiscal núm. 15 reguladora das taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local, renuncia a presentar emendas e non entorpecer así a súa tramitación. Así, o PP contribúe a axilizar ao máximo a exención no pago da taxa de veladores para a Hostalería de Ourense.
A decisión dos populares ven avalada polo informe do asesor xurídico do Concello, que considera viable e perfectamente legal dita exención proposta na modificación da ordenanza fiscal. “Sempre estaremos ao carón das medidas que favorezan aos autónomos, á Hostalería e ao Comercio Local”, sinala o PP de Ourense, que mantén así o seu compromiso cun sector fundamental da cidade.