A empresa concesionaria do servizo de autobuses urbanos da cidade desconvocará a xuntanza que tiña previsto manter hoxe venres, 6 de maio, cos traballadores do servizo municipal. Así llo comunicou esta tarde Urbanos de Ourense ao alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, argumentando a súa decisión en que non se cumple a condición fixada para manter esta reunión, xa que continúan a producirse actos de sabotaxe á flota do servizo municipal, que ocasionaron roturas de lunas, neumáticos e matrículas dos vehículos.
A empresa entende que, en consecuencia, non se cumple a condición fixada para manter esta xuntanza, que fora convocada coa mediación do alcalde coa condición de que non houbese novos actos de sabotaxe aos vehículos.
As partes emprázanse agora á mediación a partir da semana que vén por parte da Xunta de Galicia, coa participación de mediadores profesionais, para buscar unha solución que permita por fin á folga no servizo municipal