Dita modificación, que será efectiva dende o día seguinte á súa publicación, engade unha disposición adicional que establece que “durante os anos 2020 a 2022 suspéndese a aplicación e a esixencia das tarifas establecidas pola ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e tribunas”
Ao tempo, indica que se “procederá a anulación das liquidacións aprobadas e a devolución dos ingresos correspondentes aos ditos períodos impositivos”.
Para o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a publicación desta modificación “é unha boa noticia para o sector da hostalería”, o que supón unha axuda a este sector profesional.
Estas tarifas volverán ser de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2023.