O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na clausura da presentación dos proxectos #Enrede, #RíoConcilia e #VeránCorresponsable que desenvolveron nos concellos ourensáns de Larouco e San Xoán de Río co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Deste xeito, a Xunta, a través do desenvolvemento destas actividades, apoiou a conciliación corresponsable, así como a promoción da igualdade e a prevención contra a violencia de xénero nestas dúas localidades.
Acompañado dos respectivos alcaldes, Xosé Miguel Pérez e Patricia Lamela, o delegado territorial destacou o compromiso da Xunta de Galicia para manter o impulso da conciliación da vida persoal, laboral e familiar de galegas e galegos, e salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade.
En concreto, #Enrede: participación en feminino, programa común aos dous concellos, para promover o liderado da muller, recibiu un financiamento de máis de 28.000 euros, Pola súa banda, #RíoConcilia (promovido polo concello de San Xoán de Río), no que participaron entre xuño e setembro unha trintena de nenas e nenos de entre 3 e 14 anos, contou con 20.829,60 euros de apoio, mentres que #VeránCorresponsable (promovido polo concello de Larouco, e no que participaron 30 nenos e nenas dos 3 aos 12 anos, contou cunha axuda de 7.810,88 €.
Gabriel Alén salientou que “esta sociedade máis igualitaria só pode nacer da coeducación dos máis cativos e cativas, para fomentar a prevención de todo tipo de discriminacións por razón de xénero, e fomentando habilidades necesarias para poder resolver conflitos de forma construtiva e non violenta”. Deste xeito, “este tipo de iniciativas forman parte da prioridade da Xunta de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral”; sentenciou o delegado territorial.
Actividades dos programas
No programa “Río Concilia 2023: Coeducación e sostibilidade” participaron un total de 40 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos que desenvolveron actividades lúdico-deportivas como fútbol, piscina e xogos tradicionais; animación á lectura, teatro e contacontos; diversas manualidades como debuxo, pintura e reciclaxe e xogos coeducativos.
No Campamento de Verán de Larouco participaron 30 nenos e nenas dos 3 aos 12 anos que desenvolveron obradoiros e actividades artísticas; tarefas de natureza e medio ambiente; deportes e xogos populares; deportes e xogos populares e actividades de expresión corporal e teatro.