O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse á foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que visitou a vila ourensá de Leiro, e alí destacou a firme aposta da Xunta de Galicia por promover dos produtos pesqueiros especialmente nos municipios do interior de Galicia, onde tamén se pode e se debe desfrutar da excepcional calidade excepcional do peixe e do marisco das rías galegas.
Para o titular de Mar estes alimentos deben formar parte dunha dieta saudable e equilibrada que contribuirá a elevar a calidade de vida dos seus consumidores, polo que desde as administracións públicas deben constituír unha clara aposta. Non quixo desaproveitara ocasión para recor4darlle ao Goberno do Estado que a rebaixa do IVE sería determinante para aumentar o consumo destes produtos. En canto á campaña de GALICIA SABE AMAR cada vez aproxímase máis ao cómputo dos catrocentos municipiso de toda Galicia e do resto de España visitados, con máis de 350.000 persoas que xa desfrutaron dos diferentes petiscos con sabor mariño que se ofrecen.