Agrogandeiro

O Inorde inicia a recollida dos ensaios de campo da pataca na finca Antela

A colleita comezou no campo de clons e variedades para frito industrial e industria da fécula que o Inorde realizou no presente ano en colaboración coa empresa LM Grupo Matutano.

Óscar Gómez

Ourense | 01.10.2021 10:09

O Inorde inicia a recollida dos ensaios de campo da pataca na finca Antela
O Inorde inicia a recollida dos ensaios de campo da pataca na finca Antela | onda cero

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde iniciou a recollida dos ensaios de campo centrados na pataca, na finca que ten dito organismo en Antela, na comarca da Limia. A colleita comezou no campo de clons e variedades para frito industrial e industria da fécula que o Inorde realizou no presente ano en colaboración coa empresa LM Grupo Matutano, representante en España da produtora de semente de pataca Agrico, empresa de recoñecido prestixio a nivel mundial en referencia á creación e multiplicación de novas variedades de pataca.

Os datos que se recollan neste campo de ensaios serán moi útiles para a creación de variedades mellor adaptadas ás condicións agroclimáticas da provincia de Ourense, o que beneficiará a un colectivo de agricultores (produtores de pataca) receptivos ó emprego de novos cultivares de pataca porque ademais de aportarlle un maior rendemento á súa explotación, serán tamén capaces de mellorar a relación entre agricultura e medio natural ao ser menos esixentes en nutrientes e produtos fitosanitarios.

O técnico representante de LM Grupo Matutano, Juanjo Santamaría, salientou a alta aptitude para o cultivo de patacas con fins industriais que ten a comarca da Limia, así como o predominante lugar que esta ocupa dentro das estratexias de negocio da súa empresa.

Inicio da recollida dos ensaios de campo da pataca na finca Antela
Inicio da recollida dos ensaios de campo da pataca na finca Antela | onda cero