Flora Moure explicou en detalle que a gobernabilidade e estabilidade política no Concello é a principal prioridade nos populares en Ourense. “Así o demostramos cando estabamos no Goberno local, e así o estamos a demostrar desde a oposición, ofrecéndolle ao alcalde apoios puntuais en todos aqueles asuntos que consideramos prioritarios para Ourense”. “O noso compromiso é tan claro, que incluso nos incorporamos á Xunta de Goberno cando foi necesario, permitindo así a súa celebración e garantindo o funcionamento ordinario do Concello”, lembrou Moure.
Non obstante, ante a presunta proposta anunciada o luns por parte do señor Villarino, Flora Moure deixou clara as dúbidas que xenera a honestidade da mesma: Ata hoxe, as accións de Rafael Villarino non xeraron ningunha confianza, máis ben todo o contrario.
“A súa única prioridade foi manterse no seu cargo ao fronte do PSOE e tratar de chegar á alcaldía por todos os medios que fosen necesarios: Chegando a intentar bloquear as axudas para autonómos; presentando mocións de censura sen apoio real, solo para xerar inestabilidade; recurrindo a todo tipo de manobras políticas e xudiciais, que afortunadamente sempre fracasaron.Isto de “botarse a un lado” parece ser unha última manobra desesperada para enganar aos ourensás e chegar á Alcaldía”.
Por iso, abundou en que o verdadeiro problema ten unha explicación clara:
“Tememos que o problema do Señor Villarino non é que o Partido Popular non o queira como alcalde. É que non o queren moitos do seu propio partido”, sinalou Flora Moure.
“Tememos que o señor Villarino está máis preocupado pola súa supervivencia política que pola gobernabilidade de Ourense. E tememos que a manobra coa que madrugou este luns, teña como obxectivo frear movementos internos contra el dentro do socialismo ourensán en vez de pensar no futuro da nosa cidade”.
Flora Moure argumentou respecto da “trampa” que propón o señor Villarino: “Desde o Partido Popular de Ourense non vamos a propiciar nunca que Rafael Rodríguez Villarino sexa Alcalde de Ourense, nin que o sexa a través de persoa interposta: Poñendo un tírere. Cedendo ficticiamente o mando a alguén a quen poida controlar ata que a situación lle sexa máis propicia para volver á primeira liña. Desde logo, non imos permitir este engano a todos os ourensáns”.
A proposta do PP na cidade de Ourense é clara e contundente, tal e como explicou Flora Moure: No PP de Ourense estamos dispostos a chegar a un acordo de coalición, mañá mesmo, para garantir a estabilidade e a gobernabilidade do Concello.
“Temos as mans libres para negociar un acordo de coalición, sempre que Rodríguez Villarino se retire de verdade. Pero “apartarse” non se fai a través dunha nota de prensa, non cos rumores e os “dimes e diretes” aos que nos ten acostumados.
Senón presentando a súa renuncia no rexistro municipal do Concello, que é como un se aparta realmente”, deixou claro Flora Moure. “Se Villarino demostra que a súa proposta é real, apartándose de verdade, ofrecemos ao PSOE chegar a un acordo para establecer un goberno de coalición”.