Ourense Cidade

Mellora do pavimento en rúas próximas ao Barbaña

Estas actuacións de reposición de firme levaranse a cabo entre o mércores, día 9, e o venres, día 11.

Óscar Gómez

Ourense | 07.06.2021 12:37

Mellora do pavimento en rúas próximas ao Barbaña
Mellora do pavimento en rúas próximas ao Barbaña | onda cero

A Concellería de Infraestruturas realizará esta semana diversas obras de mellora do pavimento en rúas próximas ao río Barbaña. Estas actuacións de reposición de firme levaranse a cabo entre o mércores, día 9, e o venres, día 11.

A orde e data prevista das actuacións é a seguinte:

  1. Rúa Alexandre Bóveda (no cruzamento desta rúa con Pura e Dora Vázquez), mércores 9.
  2. Rúa Tras da Alameda (dende a intersección coa rúa Praza de Abastos), mércores 9.
  3. Rúa Villa Valencia (no tramo inferior, na zona de confluencia coa Rúa Pura e Dora Vázquez), xoves 10.
  4. Rúa Carriarico (en tres tramos: un, no cruzamento coa rúa Paz Parada; na zona intermedia entre esta intersección e a rotonda; e na propia rotonda), xoves 10
  5. Rúa Camelias (na intersección coa ponte sobre o Barbaña), venres 11

Trátase dunha previsión orientativa, que variará en función do avance das actuacións.

O Concello de Ourense rógalle á veciñanza que desculpe as molestias que lles poidan ocasionar estes traballos, que requirirán realizar cortes puntais de tráfico onde se estean executando as obras.