Concello de ourense

Xa se poden descargar os bonos de 100 euros do Concello de Ourense para incentivar o consumo

O goberno municipal lembra que non urxe realizar o trámite, xa que haberá bonos para todos, xa chegaron a producirse 3.000 solicitudes en só 30 segundos.

Óscar Gómez

Ourense | 10.04.2023 12:29

A campaña de apoio ao comercio e á hostelaría do Concello acada xa os seus obxectivos iniciais
Xa se poden descargar os bonos de 100 euros do Concello de Ourense para incentivar o consumo | La Región

Xa se poden descargar os bonos de 100 euros que o Concello de Ourense pon á disposición de todas as persoas censadas na cidade para consumir no comercio e a hostalería local. Os bonos pódense obter a través da páxina web https://www.bonosourensecomercio.gal desde a propia web do Concello de Ourense www.ourense.gal, a través dun link, ou en formato papel, solicitando cita previa, a través do número de teléfono 988 78 29 20, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 h.

O goberno municipal quere lembrarlles ás persoas interesadas que non deben ter présa por realizar o trámite, dado que haberá bonos suficientes para a totalidade das persoas empadroadas no Concello de Ourense o 13 de marzo de 2023. Os bonos poderán gastarse até o día 10 de maio en calquera dos establecementos adheridos á campaña (máis de 600).

O goberno municipal advirte tamén que se hai moitas peticións ao mesmo tempo, o sistema pode saturarse. Porén, sinala que “quen xestiona o sistema en liña é Abanca, unha entidade bancaria solvente e con garantía tecnolóxica”.