Sobre a denuncia do sindicato médico O´Mega sinalando que en Galicia hai 11.478 nenos e nenas sen pediatra dixo que somos o único país onde os cativos teñen asignado un especialista, cando noutros lugares ocúpase deles un médico de familia e engadíu que serán cubertas 12 prazas para cubrir esa demanda, atendendo a unha media de 960 pacientes por pediatra.
Negou tamén Comesaña que en Galicia poda chegar a plantexarse calquera tipo de privatización na atención primaria galega e lembrou que a Sanidade Pública galega asume de partida o 42% do orzamento xeral da Xunta de Galicia.
No terceiro aniversario da Covid, Comesaña contou que ó ir 15 días por detrás en incidencia respecto a outras comunidades, víronse as cousas con máis tranquilidade, anque a preocupación sempre estivo na situación vivida nas Unidades de Coidados Intensivos.