Tralo paso da borrasca "Kirk" pola provincia de Ourense, preocupan os danos no sector agrario onde se estima que pode haber perdas por 50 millóns de euros nos cultivos de castaña e pataca anque aínda non hai unha cuantificación real. Municipios coma A Mezquita, Viana do Bolo, O Bolo ou Vilariño de Conso viron arrasados os seus soutos en plena tempada da castaña e nun ano no que "se preveía unha colleita espectacular logo de anos moi malos" coma apuntaban en declaracions a Onda Cero Valdeorras a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía e o rexedor de Viana do Bolo, Andrés Montesinos. Precisamente Montesinos sinalaba que "racharon moitas árbores e caeron moitos ourizos sinalando algúns productores que poderían ver mermada a colleita á metade". Mentres a alcaldesa de Vilariño facía fincapé na "importancia que a castaña tiña para a economía local".
E na Comarca da Limia, onde se produce o 90% da pataca galega, toca tamén cuantificar os danos ocasionados polas choivas que previamente xa mermaron a colleita de cereal. Témese unha importante reducción na producción do tubérculo xa que "aínda quedan na terra un 80% das patacas e non se pode acceder aos terreos por mor das choivas" segundo relataba con "preocupación" o representante do Sindicato Labrego Galego nesta comarca Anxo Rúa.
En moitos concellos continúan os traballos para recuperar a normalidade despois de que perto de 5600 clientes quedaran onte sen luz e caerán un bo numero de árbores.
Precisamente na capital o Concello de Ourense decidíu manter os parques pechados "por razóns de seguridade por se chegaran ainda a producirse roturas de ponlas ou colapsos que deriven en novas caídas de árbores e namentres non se faixera unha avaliación da situación" por parte dos técnicos de Medio Ambiente.